As túas recomendacións, directas ao caderno do teu agricultor
Se asesoras agricultores ou xestionas unha cooperativa, ves as explotacións de quen che dá permiso e recomendas tratamentos que eles confirman desde o móbil.
Como funciona
1. Convidas os teus agricultores
Envíaslles unha ligazón de convite válida durante 14 días. Cada un acéptaa desde a súa propia conta, vendo antes quen es e que vas poder ver.
2. Ves a súa explotación, só en lectura
As súas parcelas cos cultivos, os tratamentos confirmados e os avisos do caderno: prazos de seguranza, almacén e borradores sen rexistrar.
3. Recomendas un tratamento
Produto, dose, motivo e os cultivos dese agricultor. A recomendación chégalle ao seu caderno.
4. Confírmao cun toque
Ao confirmala, créase no seu caderno un tratamento en borrador xa cuberto. O rexistro segue sendo seu: o aplicador, a data real e a confirmación ponos el.
O agricultor ten o control
- Sen o seu permiso non ves nada: cada agricultor dáche acceso por separado.
- Pode retirarche o permiso cando queira e o teu acceso córtase nese mesmo momento. Ti tamén podes retirar unha vinculación.
- Ti non creas, corriges nin borras tratamentos do seu caderno: só recomendas.
- Non ves os carnés dos seus aplicadores, que son datos de persoas, nin as súas facturas nin a súa contabilidade.
Que necesitas
Unha conta de Ninded con Agro activado.
Gratuíto ata o 31 de decembro de 2026, sen tarxeta. Despois, 15 € ao mes + IVE. Sen permanencia.
Cóntanos como traballas
Escríbenos e respondémosche por correo en 24-48 h laborables.